
Detalles do eventos
O café Vitruvia organiza a segunda edición deste festival internacional de música clásica e jazz, para desfrutar ao aire libre nestas noites de verán cun plan marabilloso: De
Detalles do eventos
O café Vitruvia organiza a segunda edición deste festival internacional de música clásica e jazz, para desfrutar ao aire libre nestas noites de verán cun plan marabilloso: De Bach a Glass II por Vigo Ensemble (martes); Sant Andreu Jazz Band e Imagine Jazz Orchestra á batuta de Joan Chamorro (mércores); Atlantic Bridge Jazz Project con Alberto Conde, Steve Brown, Jorge Pardo, Kin García, Rosario Giuliani, Miguel Cabaña e Walter White (xoves); Vigo a dos pianos, os de Rosa Biveiniene e Arabel Moráguez (venres); e o concerto Vig Band Barroco da Orquesta 430 (sábado).
Cinco xornadas de música gratuíta da que podemos gozar grazas ao afán dos xestores do Vitruvia por achegar boas propostas musicais á cidadanía, co apoio da Concellería de Festas.
MÉRCORES 6 DE XULLO – Sant Andreu Jazz Band e Imagine Jazz Orchestra
Hoxe toca swing e moito ritmo. Jazz para que o corpo se mova só. A música que os negros afroamericanos utilizaban para bailar nos anos trinta e corenta. E tamén clásicos da música brasileira que tan ben se integran no contexto dunha big band. Todo isto será posible grazas ao proxecto tan inspirador da Fundación Mayeusis, que recuperou para Vigo o valor desta música coa vocación última de formar continuamente a novos talentos de aquí para o mañá da música. Con eles estará a Sant Andreu Big Band de Barcelona, que comparte a mesma vocación que Mayeusis nun proxecto pioneiro no noso país que dirixe con tanto éxito desde hai anos o director e arreglista Joan Chamorro. El estará hoxe á fronte de ambas as formacións e nós xunto a eles gozando dunha música que xa para nós é clásica. Sen entradas, sen reservas, concertos gratuítos para outra noite de verán que será inesquecible.

Máis
Hora
6 xullo, 2022 21:00(GMT+02:00)
Localización
Praza Compostela
Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual