VIALIA
bannerPicnicSesions

Vigo Jazz-Class: Atlantic Bridge Jazz Project

07xul21:00Vigo Jazz-Class: Atlantic Bridge Jazz ProjectCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

O café Vitruvia organiza a segunda edición deste festival internacional de música clásica e jazz, para desfrutar ao aire libre nestas noites de verán cun plan marabilloso: De Bach a Glass II por Vigo Ensemble (martes); Sant Andreu Jazz Band e Imagine Jazz Orchestra á batuta de Joan Chamorro (mércores); Atlantic Bridge Jazz Project con Alberto Conde, Steve Brown, Jorge Pardo, Kin García, Rosario Giuliani, Miguel Cabaña e Walter White (xoves); Vigo a dos pianos, os de Rosa Biveiniene e Arabel Moráguez (venres); e o concerto Vig Band Barroco da Orquesta 430 (sábado).

Cinco xornadas de música gratuíta da que podemos gozar grazas ao afán dos xestores do Vitruvia por achegar boas propostas musicais á cidadanía, co apoio da Concellería de Festas.

MÉRCORES 7 XULLO – Atlantic Bridge Jazz Project

Unha ponte entre Galicia e Nova York construíron sobre o Atlántico o soado músico de jazz neoiorquino Steve Brown e o noso pianista e compositor Alberto Conde. Unha ponte polo que transitan aclamados músicos norteamericanos e europeos como Walter White, Rosario Giuliani, Kin García, Miguel Cabana ou Jorge Pardo. O jazz é desde hai anos unha música do mundo e para todo o mundo e hoxe, sobre o noso escenario da Alameda, estes músicos demóstrano unha vez máis. A Música é Arte e a arte tamén é pura diversión. Isto é no que cren e a aposta do Vitruvia, coa fortuna de que Atlantic Bridge Jazz Proyect queira participar con todos nós neste festival. Gravaron discos e tocado en grandes clubs de jazz e salas de concerto por todo o mundo e hoxe estarán en Vigo para contribuír coa súa música a que o Jazz ocupe o lugar que se merece no extenso calendario musical de cada verán.

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events