VIALIA
bannerPicnicSesions

Vigo, de vila a cidade

03feb19:00Vigo, de vila a cidadeACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Casa Galega da Cultura

Detalles do eventos

Despois das dúas primeiras actividades do ciclo (As orixes de Vigo: galaicos e romanos e O Vigo medieval), toca seguir avanzando neste ciclo que pretende presentar a historia da nosa cidade desde perspectivas diferentes.

Hoxe damos un novo salto no tempo para caer nos séculos XVII e XVIII, o período en que Vigo deixa de ser unha vila e adquire os galóns de ‘cidade’.
No principio do período, o puño que daquela eran os vigueses, van quedar marcados polo acoso dos corsarios turco-berberiscos.
En apenas un século, Buenaventura Marcó del Pont instálase na nosa cidade, se cadra, como o primeiro industrial catalán que se afincou en Vigo. Ademais de comerciar cos corsos franceses, chegará a conseguir a súa propia patente para atacar os barcos portugueses e británicos nas consecuencias herdadas da Guerra de secesión americana. Os habitantes de Vigo xa se contan por algúns miles e moitos deles traballan nas industrias (corso, salazón, comercio marítimo…) de Marcó del Pont.

O ataque dos corsarios turco-berberiscos á Ría de Vigo en 1617.

José Martínez Crespo

No século XVII, os corsarios turco-berberiscos lograron estender as suas actividades corsarias cara o Océano Atlántico grazas á adaptación do modelo de barcos construídos e armados á europea. En 1617 os corsarios turco-berberiscos iniciaron os seus ataques a Galicia co asalto á ría e ás vilas de Bouzas e Vigo e o saqueo e queima de Cangas, ameazando ao longo de todo o século de forma constante o comercio marítimo e as poboacións costeiras, perxudicando as faenas da pesca e ameazando a vida cotidiana dos galegos que vivían na costa e traballaban no mar. O ataque destes corsarios musulmáns á ría e as consecuencias en xeral desta actividade pirática e corsaria para as xentes de Vigo vai a marcar o século XVII. 

Vigo, de vila a cidade. Marcó del Pont.

Noé Massó Lago
 Cando Buenaventura Marcó del Pont se afinca en Vigo, a mediados do século XVIII, hai censados na vila uns 300 veciños. Cando Don Buenaventura falece, en 1818, a vila xa é Cidade (fidel, leal e valerosa) e conta con varios miles de habitantes, moitos deles empregados na Casa Marcó. Paradigma da emigración catalana a Galicia, o mozo Marcó chega a Vigo con 20 anos procedente de Calella, na costa Brava. Nos seguintes 60 anos reúne unha das maiores fortunas de España adicándose ao corso, a salazón, ao préstamo e xiro, aos seguros mercantís e ao comercio marítimo.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Casa Galega da Cultura

Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra

Other Events