Vigo contra el cáncer

16out09:45Vigo contra el cáncerACTIVIDADES DEPORTIVAS | Desde 11,00 €09:45(GMT+02:00) Alcampo (Coia)

Detalles do eventos

Desde o 2013 a Asociación Vigo Contra el Cáncer fai un chamamento á cidadanía para que de forma anual enchan as rúas da cidade nun evento deportivo que ten coma fin recaudar fondos para a investigación do cancro. 

A novena edición desta carreira terá lugar o domingo 16 de outubro nas dúas modalidades habituais: a carreira non competitiva de 5 km que se pode facer camiñando e a proba cronometrada de 10 km que puntúa no circuito municipal Run Run Vigo. Ao igual que no 2019, a proba sairá da Avenida de Castelao, onde se celebran habitualmente as festas de Coia e descurrirá por Avenida de Europa ata á altura da Fundación Sales onde fai un cambio de sentido para volver polo mesmo traxecto ata praza América e regresar a explanada de saída. Como cada ano, tamén se levará a cabo unha proba adaptada que sairá ás 9:45 h; ás 10:00 h sairán os corredores da 10 km e ás 10:45 h as persoas que queiran completar os 5 km. As inscricións xa están abertas tanto en liña, a través da web da asociación, como de maneira presencial, na planta de deportes de El Corte Inglés. Todas as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da carreira. O prazo para inscribirse pecha o 9 de outubro, aínda que podería pecharse antes se se alcanza o número máximo de 5.000 participantes, como aconteceu na última edición. En caso de que quedemos sen praza ou non poidamos participar, podemos facer a nosa aportación comprando un dorsal ‘0’.

Este ano o diñeiro recadado con esta proba deportiva irá destinado ao proxecto de investigación BICAR (Bacterias Intestinais en Cancro de Recto) que ten como obxectivo identificar perfís poboacionais na microbiota para poder predicir as respostas ao tratamento do cancro de recto. 

Máis

Hora

(Domingo) 09:45(GMT+02:00)

Localización

Alcampo (Coia)

Rúa do Grove, 1, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events