maio, 2021

27mai18:0018:36Vigo Ciclábel: Reinventando VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 - 18:36 Aula D

Detalles do eventos

Desde Vigo Ciclábel queren convidarvos a participar nas xornadas “Reinventando Vigo: A mobilidade e o espazo público na cidade post-pandemia, que terán lugar os vindeiros días 27 e 29 de maio de 2021 en Vigo.

As xornadas constarán de dúas sesións: unha mesa redonda con expertas en mobilidade e espazo público o xoves 27 de maio e unha sesión de traballo en grupos o sábado 29 de maio pola mañá na que queren que entre moitos colectivos da cidade tiren conclusións e propostas conxuntas para camiñarmos ao Vigo que queremos nos vindeiros anos, un Vigo máis sostíbel, máis amábel e, en definitiva, unha cidade para as persoas.

As xornadas desenvolveranse na Aula D (rúa Elduayen, 36) cun aforo limitado por mor das normas sanitarias, polo que é necesaria inscrición. A mesa redonda do día 27 tamén se emitirá por streaming.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00 - 18:36

Localización

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

X