VIALIA
bannerPicnicSesions

Viaxes no Nautilus

22xul10:00Viaxes no NautilusACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:00(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

O Concello organiza viaxes en barco para coñecer o fondo mariño da ría. Estas terán lugar entre o 22 de xullo e o 27 de agosto todos os xoves, venres e sábados. Os xoves ás 10h, os venres ás 10h e ás 12h e os sábados ás 10h.

En total, 1150 persoas poderán desfrutar desta actividade gratuíta destinada a público familiar a partir de 4 anos de idade na que a bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de 1:30h de duración.

A inscrición abre o venres 15 de xullo ás 10:00 da mañá na web do Concello a través dun formulario.

As travesías terán lugar os xoves, venres e sábados pola mañá, cunha capacidade de 50 persoas por traxecto.

Días: 22, 23, 28, 29, 30 de xullo e 4, 5, 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, 26 e 27 de agosto.

Máis

Hora

(Venres) 10:00(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events