REVISTA ABRIL

Vatapá Quinteto

03dec21:30Vatapá QuintetoCONCERTOS | 10,00€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Seis anos despois do memorable concerto na sala viguesa, no que o grupo se converteu en quinteto, coa incorporación do contrabaixista Óscar Rodríguez Calvo que acudira como artista invitado, os vigueses Vatapá Quinteto volven ao escenario da Fábrica de Chocolate, dentro dos concertos de presentación do seu segundo disco, titulado Vatapá Quinteto, Vol.2. Moitas foron as cousas que lle sucederon a este grupo vigués de bossa nova, swing e blues nestes seis anos, como a gravación de dous discos e o cambio dalgún dos seus membros, ademais de numerosos concertos e o obrigado parón pola pandemia que lles coincidiu preparando a promoción do seu segundo disco, que están a presentar en directo neste ano 2022 e que tivo o pistoletazo de saída o 24 de setembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vigo. Coa súa formación actual, o grupo encara os seus directos cunha actitude máis jazzística, tanto desde un punto de vista tímbrico, como na execución, na que dan máis protagonismo á improvisación, sen perder ese punto divertido e desenfadado que sempre caracterizou a súa posta en escena.

Máis