BANNER CANS
BANNER GALAXIA

29mai21:30VANGOURACONCERTOS | Desde 12,00 €21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Vangoura é o dúo madrileño de indie pop formado por Miguel Figueras e Ignacio Alarcón, cun estilo a medio camiño entre sons vangardistas e as estruturas clásicas do pop. O grupo publicou o 19 de Abril de 2024 o seu segundo LP, sangre y sal, baixo a coprodución de Bearoid y Ganges, ademais dos propios Vangoura. Trátase dun conxunto de once cancións e un breve interludio ambiental dun corte nostálxico no que as composicións viran contorna a dúas temáticas principais: a ruptura co pasado e a insistente loita por atoparse a un mesmo. Hai máis espazo para as guitarras e para as influencias dos últimos 90 e primeiros 2000, e a voz de Miguel ábrese a novos rexistros e efectos. Ademais, a diferenza de traballos anteriores, a instrumentación é algo máis crúa e con espazo para instrumentos acústicos, en busca de intimidade e sensibilidade. Algúns artistas que influenciaron este traballo son Gus Dapperton, Easy Life, The Strokes, Benee, Post Malone ou Natalia Lacunza entre outros.

ENTRADAS AQUÍ

Máis