Vacinas en tempos de pandemia

26nov19:00Vacinas en tempos de pandemiaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

O Ateneo Atlántico desexa contribuír ao debate e a reflexión sobre os complexos tempos que estamos a vivir, froito dunha situación excepcional debido á COVID 19. As repercusións na saúde da poboación, as limitacións para a mobilidade das persoas, os impactos no desenvolvemento económico da sociedade son efectos dunha enorme pegada para a vida das persoas, a economía e a saúde pública.
Deste xeito o Ateneo Atlántico vén de preparar un acto público de debate baixo o título “Vacinas en Tempos de Pandemia”.No mesmo tomarán parte dúas persoas da nosa cidade, de recoñecido prestixio profesional, que desenvolven o seu labor profesional na primeira liña no combate contra a pandemia.
África González e Víctor del Campo son doutores en Medicina, a primeira especializada en Inmunoloxía e o segundo en Medicina Preventiva.
Carmela García, catedrática de Bioloxía e membro do Ateneo Atlántico será a responsable de moderar o acto.Este non contará con asistencia presencial e será transmitido pola canle de Youtube do Ateneo Atlántico.As persoas interesadas poderán trasladar as súas preguntas e reflexións aos intervenientes a través da canle.

VACINAS EN TEMPOS DE PANDEMIA
Día 26 de novembro ás 19 horas na canle de Youtube do Ateneo Atlántico.
África González Fernández, catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, foi Directora do Centro de Investigación Biomédicas da Universidade de Vigo, forma parte da Asociación Española de Inmunoloxía da que foi presidenta ata o ano pasado. Participo una fundación de NanoImmunoTech S. L., empresa centrada na aplicación da nanotecnoloxía. Ten formado parte de varios comités de asesoramento sobre pandemias e vacinas. Teléfono

Víctor del Campo Pérez, xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Unidade de Prevención de Riscos Laborais do hospital Álvaro Cunqueiro. É membro da Sociedade Española de Medicina Preventiva, Saúde Pública e Hixiene. Foi responsable do equipo de referencia para o seguimento de casos de ébola en Galicia.
Modera: Carmela García González, catedrática de Bioloxía.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!