V Xornadas de arte urbana

22out10:30V Xornadas de arte urbanaARTE E MUSEOS | De balde10:30(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Este sábado 22, celebráse a quinta edición das Xornadas de Arte Urbana que irán acompañadas da IV Batalla Mural. Ás 10:30 da mañá os artistas participantes na Batalla Mural comezarán a pintar as súas creacións. Mentres eles pintan, a partir das 11:15 da mañá desenvolveranse as Xornadas de Arte Urbana que este ano constan de tres actividades: Unha mesa redonda sobre a Arte Urbana en conflito, no que se refelexionará sobre o caso de Ucrania; Un obradoiro por Flix, para adultos e rapaces a partir dos 13 anos, no que veremos como interactuar cos elementos que ofrece a cidade; e un obradoiro a cargo de La Contenedora, para nenos de entre 5 e 12 anos no que se empregará a técnica do paste up.

Todas as actividades son de acceso libre, pero para participar nos obradoiros é necesario inscribirse previamente nesta ligazón.

A xornada finalizará ás 19:30h coa entrega de premios da IV Batalla Urbana.

Ante a previsión de choiva, suspéndese a batalla mural prevista e o obradoiro da tarde do sábado

Máis

Hora

(Sábado) 10:30(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events