
Este é un evento repetitivo15 marzo, 2023 17:30
Detalles do eventos
Coa colaboración do departamento xaponés da EOI, Multicines Norte presenta tres días de reproduccións de cine xaponés. As proxeccións de películas contan con descontos especiais para os alumnos
V semana do cine xaponés en Vigo
Coa colaboración do departamento xaponés da EOI, Multicines Norte presenta tres días de reproduccións de cine xaponés. As proxeccións de películas contan con descontos especiais para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas, deberán presentar a tarxeta da escola ou a matrícula para que se lle aplique o mesmo. Todas as películas serán en versión orixinal.
MARTES 14:
- 17:30. Cuentos de Tokio
- 20:00. Recuerdos del ayer
- 22:00. De tal padre tal hijo
MÉRCORES 15:
- 17:30. Recuerdos del ayer
- 20:00. De tal padre tal hijo
- 21:40. Cuentos de Tokio
XOVES 16:
- 17:30. De tal padre tal hijo
- 19:50. Cuentos de Tokio
- 22:00. Recuerdos del ayer
CUENTOS DE TOKIO
Unha parella de anciáns viaxa a Tokio para visitar aos seus fillos, pero ningún deles ten tempo para atendelos, polo que deciden envialos a un balneario. Cando regresan, a nai pasa unha noite na casa dunha nora, viúva dun dos seus fillos. A diferenza dos seus cuñados, Noriko mostra afecto polos seus sogros e conforta á anciá.
DE TAL PADRE TAL HIJO
Ryoata, un arquitecto obsesionado polo éxito profesional, vive felizmente coa súa esposa e o seu fillo de seis anos; pero o seu mundo vén abaixo cando os responsables do hospital onde naceu o seu fillo comunícanlle que, debido a unha confusión, o neno foi cambiado por outro.
RECUERDOS DEL AYER
Taeko Okajima é unha moza que pide permiso de vacacións para poder regresar á súa casa de Yamagata, o pobo da súa cuñada, e onde viviu os momentos máis felices da súa vida. No transcurso da súa viaxe á granxa dos seus familiares e á súa posterior estancia, Taeko irá lembrando o seu pasado, mentres vive intensamente o seu presente, sen saber moi ben que facer coa súa vida.
Do 14 ao 16 de marzo en Multicines Norte, entradas na porta desde 5,00€.
Máis

(Martes) 17:30 - 22:30
Multicines Norte
Calle Vía Norte, 22, 36204 Vigo, Pontevedra