V Aniversario Sala Rebullón: Festa volcánica

21mai17:00V Aniversario Sala Rebullón: Festa volcánicaCONCERTOS | De balde17:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Chega o V Aniversario da Sala Rebullón, e de que forma que acompañados que por estas bandas locais como a Fanfarria Takicardia, La Quinkillada e a Turre’s Band, tamen coa presenza do colectivo Brigada Sound que o principio do evento e entre bandas amenizara os tempos mortos coa sua sesións especial para esta festa.

Din que seica contan os vellos que a Fanfarria Taquikardia comezou a súa andaina polo mundo da música contra o ano 2010, mes arriba mes abaixo. En pouco tempo dende a súa creación, a Fanfarria Taquikardia converteríase unha formación asidua ós diferentes festivais que percorren a xeografía galega, ademais de facer diversas actuacións en Asturias, Burgos, Barcelona, Madrid, Castellón ou no Bierzo. Na música da Fanfarria, podémonos atopar tanto versións de cancións
tradicionais coma temas de autoría propia. A incorporación do músico romanés Leonard Roman deulles ós rapaces da Fanfarria un bo pulo, e aumentou moito a oferta de músicas coas que este grupo se entrega ó público en cada actuación. As diferentes influencias coas que vive a Fanfarria Taquikardia visten a súa música cun estilo propio e único, no que se suceden continuos cambios de tempo, xogos co timbre das melodías e unha percusión con ritmos innovadores para todo aquel que nos escoita por primeira vez. Por unha banda no formato de pasarúas e pola outra dacabalo dun escenario, o dinamismo e a proximidade cos oíntes é e será sempre un obxectivo principal dos músicos da Fanfarria Taquikardia. Diferentes situacións mostran diferentes facetas da súa música.

No ano 2001 a chamada The Turre’s Band fomos expulsados da Banda Xuvenil de Torroso por non saber comer os pinchos con educación. Dende entón seguimos sen ter educación pero, de vez en cando, soa algunha melodía que vos fai mover os pes ao son dos ventos e da percusión. Vinte anos de festa nos que tivemos o pracer de actuar nos festivais e salas máis importantes do País. Aínda nos queda moita zapatilla por dar.

La Quinkillada é a sinerxia entre a maxia da verbena galega e a forza dun festival con toda a frescura dunha banda nova.

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events