GFFF

Urban Fest: obradoiro de parkour

15set18:30Urban Fest: obradoiro de parkourFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:30

Detalles do eventos

O Centro Comercial A Laxe celebra Urban Fest, festival con obradoiros e cine ao aire libre durante o mes de setembro con actividades para nenos e adultos. Todas as actividades son de balde e sen reserva.

Programación:

Venres 08 de setembro ás 19:30 h. – Cinema Infantil: “Hotel Transilvania III”. Proxección da película de animación “Hotel Transilvania III”, con acompañamento de flocos de millo gratis.

Sábado 09 de setembro ás 20:30 h. – Cinema Adultos: “Matria”. proxección da película de produción galega “Matria” dirixida por Álvaro Gago e protagonizada por María Vázquez.

Venres 15 de setembro ás 18:30 h. – Parkour (Idade mínima 10 anos): O parkour é unha disciplina que consiste en desprazarse dun punto a outro o máis fluído posible, usando principalmente as habilidades do corpo humano, o que supón superar obstáculos que se presentan no percorrido tales como muros ou paredes.

Venres, 22 de setembro ás 18:30 h. – Rap (Idade mínima 8 anos): No taller de Rap, aprenderemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra.

Venres, 29 de setembro ás 18:30h. – Turntablism DJ (Idade mínima 8 anos): É unha disciplina musical practicada polos DJs de hip-hop, que consiste en manipular manualmente os discos de vinilo sobre o prato de giradiscos para xerar, mediante diferentes técnicas, novos sons e melodías.

Sábado, 30 de setembro ás 18:30h. – Tattoo (Idade mínima 12 anos): Penetrarémonos ao mundo do Tattoo para coñecer os diferentes estilos, a maquinaria e utensilios utilizados nesta práctica e as técnicas aplicadas no proceso de tatuar facendo prácticas individuais sen agulla e posteriormente de maneira supervisado con ela sobre unha pel de laranxa.

Venres, 6 de Outubro ás 18:30h. – Breaking (Idade mínima 8 anos): A práctica de Breaking fomenta o espírito de superación persoal, mellora a autoestima e estimula a creatividade ofrecendo a posibilidade de expresarse libremente a través de movemento.

Máis

Hora

(Venres) 18:30

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra