outubro, 2021

21out20:00Unha Ponte coa LusofoníaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00 Centro Cultural Camões Vigo

Detalles do eventos

O próximo venres 24 de setembro, Abella Producións porá en marcha o proxecto ‘Unha Ponte coa Lusofonía’, unha programación cinematográfica coa que achegará, ao Centro Cultural Camões, curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia durante os vindeiros meses.

No primeiro evento reproducirase a premiada película brasileira ‘Bacurau’, gañadora do Premio do Xurado de Cannes, en 2019. Un sorprendente filme definido como “metade máxico, metade brutal”, sobre os estragos que a xestión dos recursos naturais ocasiona nas pequenas vilas e como estas se senten borradas do mapa. Ademais da película, o director, Kleber Mendonça Filho, participará vía videoconferencia e falará cos presentes sobre o filme e a súa traxectoria como cineasta.

A mostra tamén proxectará a curtametraxe ‘O Véu de Amaní’, de Renata Diniz, sobre o choque cultural dunha nena afagana en Brasil.

Todos os eventos son gratuítos e comezan ás 20:00h na sede do Centro Cultural Camões de Vigo . Debido ao protocolo Covid, o aforo é limitado.

PROGRAMACIÓN

  • 24 de setembro: ‘Bacurau’ e ‘O Véu de Amaní’
  • 21 de outubro: ‘Noite perpétua’ e ‘Pedro e Inés’
  • 25 de novembro: ‘Homeless home’ e ‘9 fugas’
  • 9 de decembro: ‘Cascudo’, ‘Joãozinho da Goméia’, ‘Monte Bravo’, ‘O son da balea’ e ‘Nha Mila’

Máis

X