
Detalles do eventos
Nova entrega da actividade Unha peli con…Neste caso, Emilio Fernández Zunzunegui presenta e comenta unha das súas películas preferidas: Léolo de Jean-Claude Lauzon.
Unha peli con… Emilio Fdez. Zunzunegui
Nova entrega da actividade Unha peli con…
Neste caso, Emilio Fernández Zunzunegui presenta e comenta unha das súas películas preferidas: Léolo de Jean-Claude Lauzon.
Léolo é un neno de imaxinación desbordante que vive coa súa peculiar e detestable familia nun humilde barrio de Montreal. Para fuxir desta odiosa contorna, Léolo inventa un mundo imaxinario e surrealista onde se fai chamar Léolo Lozone (no canto de Leo Lauzon, o seu nome real) e asegura que naceu do Sol ou dun tomate fecundado por un italiano. Só as intensas emocións provocadas polo espertar á adolescencia salvaranlle da tolemia á que se ve abocado.
- Léolo
- 1992
- Duración 107 min
- País Canadá
- Dirección Jean-Claude Lauzon
- Guión Jean-Claude Lauzon
- Música Richard Gregoire
- Fotografía Guy Dufaux
- Con Maxime Collin,Gilbert Sicotte,Ginette Reno,Julien Guiomar
Entre outros premios, Léolo foi acreedora de:
- 1992. Espiga de Ouro do Festival de cine de Valladolid.
- 1992. Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro
- Prix Génie (Canadá): Mellor Guión Orixinal, Mellor Montaxe, Mellor Vestiario
- Toronto International Film Festival: Mellor Película Canadiense
- Vancouver International Film Festival: Mellor Guión Canadiense
O mércores 24 de maio, ás 19.45 horas, no Ateneo Atlántico.
Máis

(Mércores) 19:45
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra