'UNHA LEIRA DE MILLO' de Cynthia Alfonso & Óscar Raña

14xul(xul 14)09:3029set(set 29)20:00'UNHA LEIRA DE MILLO' de Cynthia Alfonso & Óscar RañaARTE E MUSEOS | De balde(xullo 14) 09:30 - (setembro 29) 20:00(GMT+02:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

En “Unha Leira de Millo”, Cynthia Alfonso e Óscar Raña (Rapapawn), parten da linguaxe do cómic e a súa codificación popular para desenvolver un exercicio pictórico en chave secuencial que propón un bucle expandido onde as pinturas, tal que viñetas emprazadas a invadir o espazo expositivo, imprégnanse de abstracción ambigua, incógnitas cromáticas e xeometría inquieta.Por outra banda, a idea “leira” alumea a dimensión procesual da proposta, xa que se busca referenciar as dinámicas de traballo colectivo propias do rural primixenio, ao pensar os distintos apartados da obra e os seus estremos espaciais (parede, lenzo, imaxe) coma terreos a repartir e cultivar entre os artistas.A escena resultante, próxima á noción de instalación e lonxe da connotación privada comúnmente adscrita á división da terra e do traballo, plantexa unha experiencia aberta e inmersiva orientada a un público transversal e activo; convidando a súa vez a adoptar unha mirada crítica cara ás fronteiras xerarquizadoras entre disciplinas, esferas sociais e estratos culturais.

Horario de inauguración de 19,00 h a 21,15 h.

Luns a venres: de 9.30h a 13.30h || 16.30h a 20.00h
Sábados: de 10.00h a 13.30h

Máis

Hora

Xullo 14 (Xoves) 09:30 - Setembro 29 (Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events