REVISTA NADAL

A obra gañadora dos Premios María Casares chega á Sala Ártika esta fin de semana

18xan20:00A obra gañadora dos Premios María Casares chega á Sala Ártika esta fin de semanaESPECTÁCULOS | Desde 13,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue sendo material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, á vez que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar que lle interesa ao poder.

Esta adaptación de Talía Teatro foi a gran gañadora dos Premios María Casares 2024 ao alzar sete dos galardóns: mellor espectáculo, dirección, adaptación, actriz protagonista (Marta Lado), actor secundario (Toño Casais), espazo sonoro e iluminación.

Sinopse:

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como unha alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

Ficha artísica:

Autor:  Henrik Ibsen

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección:  Tito Asorey

Elenco:  Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Xurxo Barcala.

Data:

Venres 17 de xaneiro  de 2025 ás 20:00 h
Sábado 18 de xaneiro  de 2025 ás 20:00 h
Domingo 19 de xaneiro  de 2025 ás 20:00 h

Entradas

Máis

Hora

18 xaneiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events