Underfest: Blanco Palmera + Rusowsky + Mori – A Movida

setembro, 2020

bannerRevistaOnline

26set21:00Underfest: Blanco Palmera + Rusowsky + MoriFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do eventos

Underfest Son Estrella Galicia comezará o venres 25 de setembro no Teatro Afundación de Vigo, coa Homenaxe a Ennio Morricone pola Orquestra Clásica de Vigo, onde máis de 60 músicos interpretarán as obras máis emblemáticas do lendario compositor italiano, autor de bandas sonoras como Cinema Paradiso ou O bo, o feo e o malo.

Despois da sesión inaugural, o Underfest continúa o sábado 26 no Auditorio do Concello co triple concerto de Blanco Palmera, un dúo galego de pop underground que se está facendo un nome a nivel nacional; Rusowsky, cantante e pianista incluido na corrente do bedroom pop quen, a pesar da súa xuventude, xa colaborou con artistas como C. Tangana ou Alizzz; e Mori, autor autodidacta de temas cheos de intensidade, amor e sentimentos.

Durante a derradeira xornada, o domingo 27 de setembro na Terraza do auditorio Mar de Vigo, tamén poderemos desfrutar de tres actuacións de bandas internacionais. Belako, o grupo acaba de publicar, con boi boa acollida, o seu traballo Plastic Drama o máis reivindicativo da asentada banda vasca que xa se subiu aos escenarios do Mad Cool, o Decode ou o BBK Live e ofrecerá en Vigo o seu único concerto do ano en Galicia. Tamén estarán o carismático nixeriano Egosex coa súa mestura de vangarda e espectacular estética; e Tito Ramírez, famoso polos seus enérxicos concertos nos que, xunto á súa banda, achégase ao R&B, o Soul, o Mambo ou incluso o Cha cha chá.

As entradas xa están á venda na plataforma ATaquilla desde 15 €. Hai entradas diarias e un abono especial para os días 26 e 27. A capacidade máxima é moi reducida para garantir ao máximo todos os protocolos sanitarios e de seguridade.

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X