UnderCabral

24set(set 24)11:0025(set 25)02:00UnderCabralFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 02:00 (25)(GMT+02:00) AVV Santa Marina de Cabral

Detalles do eventos

Nace un novo festival en Vigo para o fomento da cultura urbana, o UnderCabral, un evento no que haberá actividades relacionadas co baile e cultura urbana e que terá lugar o sábado 24 de setembro na Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva de Cabral, desde as 11 da mañá ata a madrugada.

As actividades comezarán a mediodía cun obradoiro de breakdance para todos os públicos e exhibición de graffiti en directo a cargo dalgúns dos máis destacados artistas do spray vigueses: Maz, Sax, Sonriots e Miska. A programación está pensada para incluír a todos os membros da familia e os máis pequenos poderán desfrutar das sesións de baile, o graffiti en directo e o espectáculo de circo de Os Makinolas.

Xa pola tarde, o breakdance será a actividade estrela, cunha competición que se desenvolverá durante toda a tarde e que contará con cinco fases eliminatorias, nas que os bailaríns serán avaliados por un xurado e optarán de tres premios de 250, 100 e 50 €, así como unha peza de artesanía como trofeo.

Pola noite será a quenda da música cos concertos de Flamenco Fusión, Globesmokers e dúas sesións a cargo de DJ que se prolongarán ata as 2 da mañá. Durante toda a xornada haberá barra con bebida e comida “a prezos populares”.

11 h – Apertura de portas
12 a 13 h – Obradoiro de iniciación ao Breakdance, con exhibixión de graffiti e DJ
13:30 h – Sesión vermú amenizada por JCA
14 a 16 h – Inscrición na competición de breakdance. Ten un custo de 5€ e debe facerse neste formulario
16:30 h – Comezo da competición de breakdance
17:30 h – Exhibición de baile por Endanza
18 h – Oitavos de final breakdance
19h – Cuartos de final breakdance
19:30 h – Semifinal breakdance
19:45 h – Espectáculo de circo Os Makinolas
20 h – Final breakdance
21 h – Entrega de premios e concerto de Flamenco Fusión
22 h – Concerto de Globesmokers
22:45 h – DJ Gabry Massa
1 h – DJ Exit 1
2 h – Peche de portas

Máis

Hora

24 (Sábado) 11:00 - 25 (Domingo) 02:00(GMT+02:00)

Localización

AVV Santa Marina de Cabral

Av. Sta. Mariña, 95, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events