Un día en el teatro
13nov12:00Un día en el teatroPEQUERRECHOS | Desde 8,00€12:00(GMT+01:00) Sala Ártika
Detalles do eventos
SINOPSE ‘Un día en el Teatro’‘Un día en el Teatro’ achega aos máis pequenos, nas diferentes linguaxes teatrais: o mimo, a danza, o clown, os monicreques, o
Detalles do eventos
SINOPSE ‘Un día en el Teatro’
‘Un día en el Teatro’ achega aos máis pequenos, nas diferentes linguaxes teatrais: o mimo, a danza, o clown, os monicreques, o circo e a música. Dunha maneira sinxela o espectáculo fai un percorrido polos xéneros máis coñecidos e visuais para gozar dunha gran historia contada.
‘Un día en el Teatro’ é unha viaxe de iniciación ao teatro ofrecido de maneira natural. O espectáculo está pensado para que sexa a primeira, ou unha das primeiras experiencias teatrais dos nenos/as como espectadores.
O espectáculo comeza utilizando a luz, que toma forma para chegar a converterse nun personaxe. Este personaxe adquire corporeidade, é o actor, agora identificado polo nariz vermello dos pallasos, que tan pronto os nenos/ as comezan a recoñecer, está nariz desde o principio ata o final é fonte de conflito e de xogo.
Os actores móvense, xogan coa luz, tropezan, caen, volve levantarse nun xogo rítmico que termina converténdose nunha coreografía.
Hora:
- Sábado 12 de novembro de 2022 ás 18:00h.
- Domingo 13 de novembro de 2022 ás 12:00h e 18:00h.
Recinto: Sala Ártika
Prezo:
- En taquilla: Entrada Xeral: 10€
- Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión (ata 24 horas antes da primeira función)
Idades recomendada: + 3 anos.
Duración: 50 minutos.
Máis
Hora
(Domingo) 12:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Ártika
Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes