COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

ULTREIA “AO FINAL DO CAMIÑO ESTÁS TI”

02out18:00ULTREIA “AO FINAL DO CAMIÑO ESTÁS TI”PEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Espectáculo da programación de Vigocultura. Guía completa con datas, espectáculos, abonos e sinopses aquí.

Entradas e abonos en Giglon e Libraría Librouro

DOMINGO 2 DE OUTUBRO · 18 HORAS – ULTREIA “AO FINAL DO CAMIÑO ESTÁS TI” – Mago Teto

Xénero: maxia
Autoría: Héctor Guerra
Dirección: Jose Prieto
Escenografía e vestiario: Mago Teto
Deseño de son: Granero Vídeo e Javier Adan Ayude
Deseño de iluminación: Javier Adan Ayude
Música: Andrés Álvarez e Banda de Música de Silleda
Coreografía: Xiana Vilas
Elenco artístico: Mago Teto, María Roja e Lupe Carballo

Ultreia é un espectáculo multidisciplicar no que se combina a maxia, a música e a danza. Percorrendo un camiño máxico que simboliza todos os camiños exteriores e interiores do ser humano, o Mago Teto fará unha viaxe a través de aparicións, desaparicións, casas encantadas, predicións, levitacións, transformacións e moitos máis efectos máxicos que transportarán ao público a unha realidade onde todo é posible menos perder a ilusión. Neste traxecto Teto viaxará con dous bailarinas que o acompañarán en todas as súas aventuras e desventuras, e contará en todo momento coa axuda imprescindible da música, composta especialmente para este espectáculo por Andrés Álvarez, a banda sonora perfecta para que o mago chegue con éxito ao final do seu camiño.

Máis

Hora

2 outubro, 2022 18:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events