'ULTERIOR EL VIAJE' de Tiritirantes Circo Teatro

26set19:0020:00'ULTERIOR EL VIAJE' de Tiritirantes Circo TeatroESPECTÁCULOS | De balde19:00 - 20:00(GMT+02:00) Príncipe

Detalles do eventos

Ulterior é unha viaxe ao futuro, un espectáculo familiar e itinerante de rúa no que tres personaxesdivertidas e entrañables presentan a unhas criaturasmarabillosas.O fío condutor desta historia é o profesor Copérnico,un científico tolo que inventou o Pushpaka, unha máquina do tempo coa que logra viaxar ao futuro. Nas súas peripecias acompáñano sempre o desastroso e fiel contramestre Segundo e unha fascinante muller paxaro, Ainé, que é a guía expedicionaria das súas aventuras. Todo comeza cando nun incidente noutra era os tres viaxeiros descobren unha fascinante especie animal de ata cinco metros de altura. Os seres resultan ser curiosos, próximos, amables, rebuldeiros por natureza e con moitas ganas de amosar as súas capacidades asombrosas. Desde entón, tres especimes, un macho e unha femia adultos e unha cría nova, non se separan dos expedicionarios, soben a bordo da máquina do tempo e os seis tripulantes viaxan dispostos a descubrir outros tempos e a ser descubertos por quen se atreva a achegarse a eles. Desde hai tempo viaxan cun obxectivo claro e conciso; facer incursións nun espazo tempo aínda impreciso do século XXI e valorar nas inmediacións contiguas, condutas ou elementos perniciosos que sexan causa dos signos de degradación do ecosistema, tema que noutras expedicións a tempos futuros e remotos teñen detectado. Nas súas visitas fascinan o público coas súas peripecias. Segundo anda sobre unha bola xigante, de folla de lata, Ainé cativa coas súas acrobacias aéreas e incluso, un neno cabalgará a lombos do máis grande dos dragosaurios.

Compañía: Tiritirantes Circo Teatro
Xénero: teatro comedia
Autoría e dirección: Tiritirantes Circo Teatro
Atrezzo e escenografía: Regue e Doctorpek.com
Vestiario: Nestor Alonso
Maquillaxe: Rebeca Rueda
Música: Siete7black e Pan de Capazo en número de aro
Elenco artístico: Jacinto Alonso, Oscar Ortiz, Marta
Lopez, Angélica Gago, David Olalla e Enrique Mejia

Máis

Hora

(Sábado) 19:00 - 20:00(GMT+02:00)

Localización

Príncipe

Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra

Other Events