
20ago21:30TrinityCONCERTOS | 10,00€21:30(GMT+02:00) La Casa de Arriba
Detalles do eventos
Trinity é un trío de improvisación formado por Luís Erades, saxo alto e barítono; Fernando Lamas (Xoel López, Amoeba Split, Akafree) batería, e Pablo Rega (Kozmic Muffin, Electra,
Detalles do eventos
Trinity é un trío de improvisación formado por Luís Erades, saxo alto e barítono; Fernando Lamas (Xoel López, Amoeba Split, Akafree) batería, e Pablo Rega (Kozmic Muffin, Electra, F.I.L.Ou. Comando Radar) á guitarra.
A formación xorde dun encontro destes tres músicos afincados en diferentes cidades, Barcelona, Madrid e A Coruña respectivamente, que tivo lugar en Madrid en estudos Automatic onde gravaron o seu primeiro traballo “ BRUTE” .
Trinity practica unha improvisación enérxica con influencias do free jazz, o noise e ata o metal, explorando a sonoridade dos seus instrumentos ata as últimas consecuencias.
Máis
Hora
20 agosto, 2022 21:30(GMT+02:00)
Localización
La Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual