REVISTA ABRIL

triARTlón vol.1

25ago19:00triARTlón vol.1ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Ata o 15 de setembro

TriARTtlón é un novo proxecto expositivo comisariado directamente desde Galería Maraca que presentará durante tres semanas 3 exposicións diferentes de 3 artistas.

Este proxecto, que será periódico

e que nesta ocasión preséntase no seu volume 1, será un punto de encontro entre creadores e público onde se mostrará unha visión pouco usual nas galerías de arte convencionais mesturando diferentes disciplinas como poden ser ilustración e fotografía ou instalación.

Para esta primeira edición de TriARTlón contaremos cos artistas:

ELVIRA JARDÓN

Escritora e fotógrafa viguesa que nos fala no seu traballo sobre a beleza, as feridas, a vida e a morte. As súas fotografías expuxéronse en PhotoEspaña e puidemos velas tamén publicadas en Cultura Inquieta. Agora tráenos a Maraca, dentro deste TriARTlon vol2, o seu proxecto “Como acabar con las diosas de una vez por todas”, unha colección de fotografías onde deconstruye e actualiza o mito das Deusas.

RICHY VEIGA

Artista nado na Coruña cuxo traballo pictórico viaxa entre a arte pop e a arte urbana. Nesta ocasión tráenos a Maraca a súa exposición “Only Boots”, unha colección de pinturas de botas de cowboy, unha icona que o propio artista entende como símbolo de rebeldía e personalidade e co que xoga con iconas pop como Los Picapiedras, Los Hermanos Dalton ou algúns superheroes.

ALBA CÁMARA

Fotógrafa e directora creativa. O seu traballo é un diario visual a través do cal a cámara xoga un rol humano. Teremos nesta primeira edición de TriARTlón a súa exposición “Mi ego y el tuyo”, onde nos presenta unha colección de fotografías onde, case cunha mirada subxectiva, móstranos momentos de dor, éxtase, soidade provocación e cambio.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events