
Tres días de petiscos con sabor a mar gratuítos no Náutico
Detalles do eventos
A campaña GALICIA SABE AMAR da Xunta de Galicia chegará a Vigo este luns para promover durante tres días o consumo de peixes e mariscos. Unha das catro foodtruccks que
Detalles do eventos
A campaña GALICIA SABE AMAR da Xunta de Galicia chegará a Vigo este luns para promover durante tres días o consumo de peixes e mariscos. Unha das catro foodtruccks que percorren todo o territorio nacional repartirá petiscos de forma gratuíta na zona da Laxe, enfronte á escultura do Nadador, entre o 14 e o 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 15:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que naceu no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Neste 2023 a iniciativa subiuse ás catro rodas a través de catro foodtrucks que levan o sabor das rías galegas por máis de 250 municipios de toda España vinculados ao Camiño de Santiago e que servirán máis de 200.000 petiscos ás persoas que decidan achegarse a elas.
Máis

Hora
agosto 14 (Luns) - 16 (Mércores)
Localización
Peirao do Náutico
As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra