REVISTA ABRIL

'Todo en nombre del rock n roll' de Fernando Sampedro

28out17:0020:00'Todo en nombre del rock n roll' de Fernando SampedroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00 - 20:00(GMT+01:00) Discos Elepé

Detalles do eventos

Presentación do libro ‘Todo en nombre del rock n roll’ de Fernando “Tanxencias” Sampedro. En Discos Elepé, de 17h a 20h para evitar aglomeracións. Poderá mercarse o libro alí mesmo e entregaranse as recompensas aos mecenas do proxecto. De invitado especial estará Carlos Fernández, Presidente do Clube de Adictos de Deep Purple.

O libro é unha compilación de con algunhas das maiores lendas do rock. A través de máis de 20 entrevistas persoais con mitos como Lemmy, Johnny Rotten, Scott Gorham, Nikki Sixx, Mark Lanegan, Gregg Allman, Ted Nugent, Beth Hart… coñeceremos impagables anécdotas nunca antes contadas, como se desenvolveron álbums míticos, as relacións interpersoais entre os diferentes membros das bandas e unha infinidade de curiosidades. Puideron lerse ao longo dos anos en Popular 1 R’ N’ R Magazine, e agora ven ampliadas e contextualizadas con novos textos nos que relata a súa experiencia con cada músico, para dar forma a unha serie de retratos de rockstars.

Fernando Sampedro Sánchez, máis coñecido como “ Tanxencias” pola súa longa traxectoria á fronte da homónima librería especializada en cómics da Coruña, leva 15 anos sendo redactior da revista de música rock Popular 1.

Máis

Hora

(Mércores) 17:00 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

Discos Elepé

Rúa do Doutor Cadaval, 35, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events