
'Todavía siempre' de LAÍA ARGÜELLES FOLCH
Detalles do eventos
28 xuño – 10 novembro 2024 Todavía siempre reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que Laía Argüelles Folch (Zaragoza, 1986) desenvolveu
Detalles do eventos
28 xuño – 10 novembro 2024
Todavía siempre reúne unha selección de obras dos últimos dez anos nos que Laía Argüelles Folch (Zaragoza, 1986) desenvolveu a súa metodoloxía de pensamento e composición, a partir da investigación e o traballo con materiais atopados en rastros, tendas de coleccionismo e librarías de vello de diversos países. Interesada no potencial das imaxes e a linguaxe como forma de relación co mundo, a artista aborda aquí nocións como a materialidade, a colección e a repetición, mediante exercicios de montaxe, pregamento e despregamento. As obras materializan este interese pola natureza das imaxes e a súa capacidade de propor futuros posibles, á vez que apuntan á construción de significados non unívocos nin definitorios, senón abertos, móbiles, sensibles.
luns | Pechado |
martes | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
mércores | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
xoves | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
venres | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
sábado | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
domingo | 11:00–14:30 |
Máis
Hora
15 xullo, 2024 11:00 - 10 novembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual