COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

The Wild

08xul(xul 8)18:00The WildFESTIVAIS E FEIRAS | VARIOS18:00(GMT+02:00) Parque Forestal de San Miguel de Oia

Detalles do eventos

The Wild Fest, o festival que combina música e cultura coa posta en valor da contorna natural, celébrase entre o venres 8 e o domingo 10 de xullo no Parque Forestal de San Miguel de Oia, un enclave espectacular con vistas ás Illas Cíes. As entradas están dispoñibles na billeteira do festival. O acceso ao festival a xornada do domingo é libre e gratuíto.

MÚSICA:

O venres a electrónica de Músculo! quentará o ambiente a partir das 21h e deixará paso aos sons hiphop e soul da viguesa Wöyza e The Galician Messengers, a patir das 22:30h. Á 01:30h subirase ao escenario o dúo Boyanka Kostova coa súa mestura de ritmos pegañentos e retranca galega coa que é imposible non bailar e pasalo ben. O sábado A partir das 17:00h gozaremos da banda de versións Wondercovers e ás 19:30 o heavy bluegrass dos vascos Moonshine Wagon soará no merendeiro do Parque Forestal, seguidos do rock soul de Aurora & The Betrayers, ás 21:00h; o potetente indie rock de Corizonas, ás 22:30h e o enérxico directo da banda de metal máis importante de Galicia, Aphonnic, que soará a partir das 24:00h. O domingo completarase cunha nova sesión vermú a cargo de Blues do País e Sindicato da Verbena.

ACTIVIDADES FAMILIARES

 Este ano, os encargados de facer rir á rapazada serán Peter Punk e Brais das Hortas o sábado, un dúo irreverente que combina circo e música con grandes doses de comedia; e Cé Orquestra Pantasma, o domingo, unha orquestra completa interpretada por un só home, César Freiría. Tamén o domingo haberá unha sesión de contacontos con Miguel Anxo Alonso Diz, escritor de literatura infantil que acaba de publicar O país da choiva.
Outra novidade desta cuarta edición é a actividade The Wild Circus na que os pequenos terán a oportunidade de amarrarse, trepar e colgarse das teas aéreas experimentando a impresionante sensación de estar a flotar. Será o sábado de 15 a 18h.
Entre as actividades que repiten atopamos o obradoiro de escalada, para o que se instalará un pequeno rocódromo e se ampliarán horarios dada a alta demanda que tivo a actividade a pasada edición. Estará impartido por Javier Rodríguez Fernández, membro do Clube de Escalada dos Montañeiros Celtas. Tamén atoparemos de novo o obradoiro de pintura e pintacaras impartido por Sara Iglesias.

THE WILD CINEMA:

A programación estará dividida en catro sesións: dúas o venres (18 e 19:30h), unha o sábado (15h) e outra o domingo (17:30h). Os documentais que se proxectarán son: Eating our way to extintion, Stolen Fish, Doñana ́s Beating Heart e Sharing the Land.

Máis

Hora

8 xullo, 2022 18:00(GMT+02:00)

Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra

Other Events