The Wild Fest
Detalles do eventos
Malia as consabidas restricións, este festival de nome silvestre triunfou o ano pasado, nunha proposta de música, cinema ao aire libre, gastronomía, mercado e sostibilidade nun espazo acolledor
Detalles do eventos
Malia as consabidas restricións, este festival de nome silvestre triunfou o ano pasado, nunha proposta de música, cinema ao aire libre, gastronomía, mercado e sostibilidade nun espazo acolledor que seduciu centos de persoas. O evento transcorrerá durante os días 4 e 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Nesta terceira edición búscase repetir o éxito, entre outras cousas, cunha oferta musical de moitos quilates: Los Zigarros, Familia Caamagno, Stoned at Pompeii, Thee Blind Crows, Susana Seivane Trío, Enxeito e Zeltia Irevire.
Tamén se retoma a carreira de obstáculo propia do evento, que incrementa a variedade de opcións que ofrece este festival na natureza.
Un festival multidisciplinar, que trata de integrar novas tendencias nun marco natural. The Wild Festival trata de consolidarse como un festival de referencia. Música, deporte, empresas, educación, arte, e os máis cativos, serán os alicerces que sustentarán este evento e que integrará a todo tipo de público e sensibilidades.
O DOMINGO 5 de setembro o acceso é DE BALDE con CONTROL DE AFORO.
Máis
Hora
4 setembro, 2021 11:00 - 5 setembro, 2021 22:00(GMT+01:00)
Localización
Parque Forestal de San Miguel de Oia
36390 Oya, Pontevedra