VIALIA
bannerPicnicSesions

The Wild Fest

04set(set 4)11:0005(set 5)22:00The Wild FestFESTIVAIS E FEIRAS| Prezos varios11:00 - 22:00 (5)(GMT+02:00) Parque Forestal de San Miguel de Oia

Detalles do eventos

Malia as consabidas restricións, este festival de nome silvestre triunfou o ano pasado, nunha proposta de música, cinema ao aire libre, gastronomía, mercado e sostibilidade nun espazo acolledor que seduciu centos de persoas. O evento transcorrerá durante os días 4 e 5 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia. Nesta terceira edición búscase repetir o éxito, entre outras cousas, cunha oferta musical de moitos quilates: Los Zigarros, Familia Caamagno, Stoned at Pompeii, Thee Blind Crows, Susana Seivane Trío, Enxeito e Zeltia Irevire.

Tamén se retoma a carreira de obstáculo propia do evento, que incrementa a variedade de opcións que ofrece este festival na natureza.

Un festival multidisciplinar, que trata de integrar novas tendencias nun marco natural. The Wild Festival trata de consolidarse como un festival de referencia. Música, deporte, empresas, educación, arte, e os máis cativos, serán os alicerces que sustentarán este evento e que integrará a todo tipo de público e sensibilidades.

O DOMINGO 5 de setembro o acceso é DE BALDE con CONTROL DE AFORO.

Máis

Hora

4 (Sábado) 11:00 - 5 (Domingo) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Parque Forestal de San Miguel de Oia

36390 Oya, Pontevedra

Other Events