REVISTA ABRIL

The Turre's Band + Sustanciados

14nov18:00The Turre's Band + SustanciadosCONCERTOS | Entradas esgotadas18:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

The Turre´ s Band é un experimento sociolóxico sen precedentes que se dá alá polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos lles chamaron tolos, moitos lles dixeron que non serían nada… Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tonterias aínda que seguían abertas…da impresión que causaba a mestura espectacular que fai este grupo de vento e percusión.

Unha música que non coñece fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A súa música vai desde o máis suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chegando á alegría e desenfreo dos ritmos ská e de música balkánika, e sen esquecerse dun dos inventos mais importantes dos últimos anos (despois da tortilla de patacas con chourizo, claro….) a MUIÑEIRA- SKA!!! Un estraño pero singular hibrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreo da musica ská, unha mestura que no momento que é escoitada polo público sente a impetuosa obliigación de mover os pés ao seu ritmo.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events