REVISTA ABRIL

The Soul Jacket - 10 aniversario 'Wood Mama'

25nov21:30The Soul Jacket - 10 aniversario 'Wood Mama'CONCERTOS | 15,00€21:30(GMT+01:00) Sala Master Club

Detalles do eventos

The Soul Jacket celebran o 10ou aniversario do lanzamento do que foi o seu primeiro traballo discográfico “Wood Mama” cun concerto na sala Masterclub. A banda interpretará os temas do seu xa clásico disco coa participación especial de Hendrik Rober dos Deltonos, produtor e músico no disco e de Alberto Gregorio guitarrista e compositor en The Soul Jacket por aquel entón. Co seu disco debut “Wood Mama” a banda viguesa marabillaron a público e crítica, cun son que aglutina a mellor tradición da música anglosaxoa, o Rock&Roll, o Soul e o Folk nun disco que parece gravado ás beiras do mismísimo Mississippi en 1971. “Wood Mama” foi un paso de xigante nunha carreira de case 20 anos que os consolidou a The Soul Jacket como unha das grandes bandas de son americano do noso país.

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Master Club

Rúa de Urzáiz, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events