
26mai21:30The RapantsCONCERTO | Desde 10,00€21:30 La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
A banda galega The Rapants chega ata Vigo para facer vibrar ao público coa mellor música. A banda actuará o 26 de maio, continuando a xira polas salas de presentación
The Rapants
A banda galega The Rapants chega ata Vigo para facer vibrar ao público coa mellor música. A banda actuará o 26 de maio, continuando a xira polas salas de presentación do seu novo disco “O Corasón Como Un After” (xaneiro de 2023).
Sobre The Rapants
Orixinarios de Muros, Samuel, Matías, Xaquín e Xanma conforman esta banda que navega entre o indie, o pop e o garage.
“Musicote en tu coche” é o último sinxelo co que The Rapants quentaron o ambiente antes do lanzamento do seu novo disco “O Corasón Como un After”. Despois do despegue do estilo artístico deste novo LP cos primeiros adiantos “O Avión” e “A Vida” (ft Grande Amore), os muradáns presentan con esta canción un coqueteo descarado coa música disco e electrónica.
The Rapants queren colarse en todos os coches dos seus seguidores, poñendo banda sonora a todas esas noites de festa incontrolada nas que se mesturan os estilos para que todo salte. Un novo concepto que rompe cos dous primeiros sinxelos e revela a pluralidade de estilos escollidos e mesturados sutilmente no disco.
Máis

(Venres) 21:30