
THE ELVIS CONNECTION
23feb20:30THE ELVIS CONNECTIONCONCERTO | Desde 10,00€20:30(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Nesta gala a favor da Asociación Española Contra el Cancer desfrutamos con The Elvis Connection. Elvis Presley é un icono do século XX e
Detalles do eventos
Nesta gala a favor da Asociación Española Contra el Cancer desfrutamos con The Elvis Connection.
Elvis Presley é un icono do século XX e unha das figuras máis relevantes da historia da música, como testemuñan as seus máis de cen discos de ouro, platino e multiplatino… e para renderlle un tributo excepcional, reúnense The Elvis Connection, unha banda liderada polo reputado crooner Alberto Cunha e que conta nas súas filas con músicos cunha amplísima bagaxe e traxectoria musical, como David Vázquez (Moon Crista) ao piano, Andrés Cunha (Siniestro Total, Os EP) á batería, Chus Dasilva (Os EP) ao baixo, Paulo Pascual e Javier Soto (Siniestro Total, Resentidos) ás guitarras eléctricas.
O repertorio confórmano os éxitos inesquecibles de ELVIS PRESLEY, cancións de sempre como HEARTBREAK HOTEL, LOVE ME TENDER, KING CREOLE, SUSPICIOUS MINDS, BURNIN’ LOVE… facendo un perfecto percorrido pola extraordinaria carreira dunha das figuras máis importantes da música mundial.
Podes adquirir as entradas premendo aquí.
Este xoves 23 de febreiro ás 20:30 horas no Teatro Afundación.

Máis
Hora
23 febreiro, 2023 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual