REVISTA ABRIL

THE BUTTSHAKERS

29out20:30THE BUTTSHAKERSCONCERTOS | Desde 15,00€20:30(GMT+02:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Os amantes do Soul, do Funk, o R& B, o Rock,… están de sorte. O ” Mais que Blues – Cervexas Alhambra” trae ata Vigo de modo exclusivo e por primeira vez, a The Buttshakers. A banda francesa liderada pola carismática Ciara Thompson (St. Louis, USA), non deixará a ninguén indiferente ante a súa fascinante e desgarradora voz, a enerxía e toda esa paixón que derrocha sobre o escenario. Moitos a describen como a reencarnación da propia Tina Turner e razóns non lles sobran.

Seis músicos que a base de Rhythm and Blues, Soul, Funk e esa dose de toleado Garage e Rock farán bailar e gozar como hai moito tempo non facemos, a todos aqueles que se acheguen á Sala Rouge esa noite. Desde Tina Turner pasando por Sharon Jones, The Sweet Vandals, Koko Taylor, Charles Bradley, James Brown, Bellrays… infinidade de influencias perfectamente conxugadas nesta “Bomba Sónica” chamada The Buttshackers.

Máis

Hora

(Venres) 20:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events