
08out20:30The BlotACTIVIDADES PARA O COCO | 2,00 €20:30 Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
O Cineclub Lumière reinicia a programación de Filmoteca cunha das pioneiras do cine, Lois Weber, e o seu filme The Blot, interpretada por Philip Hubbard, Claire Windsor e Louis Calhern.
The Blot
O Cineclub Lumière reinicia a programación de Filmoteca cunha das pioneiras do cine, Lois Weber, e o seu filme The Blot, interpretada por Philip Hubbard, Claire Windsor e Louis Calhern.
Weber (1879-1939) é directora de filmes marcados ás veces por grandes e polémicos temas (do aborto á pena de morte ou o alcolismo), en The Blot, a estadounidense , trata con suma agudeza a cuestión da desigualdade económica –e o contraste entre coñecemento e cobiza pouco escrupulosa – na contorna contemporánea e, por tanto, capitalista. Aproximámonos ás vidas de dúas familias veciñas, unha cos escasos recursos dun profesor, a outra dun empresario zapateiro rico.
A sesión é ás 20:30h, no Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei. A cota da actividade, 2 euros.
Máis
(Xoves) 20:30
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra