TerraCeo: Nada Surf

26set20:00TerraCeo: Nada SurfCONCERTOS | 25.30 €20:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O cantante madrileño Pol 3.14 (3 de setembro), a música pop-rock da banda viguesa Maldito Murphy (4 de setembro), as sonoridades urbanas dos alicantinos Funzo & Baby Loud (18 de setembro) e o rock indie de Nada Surf (26 de setembro) completan o cartel de TerraCeo, que remata no mes de setembro. Con estas actuacións, o festival de Vigo acadará os 55 concertos programados este verán para diferentes públicos, á hora na que a posta de sol sobre as Cíes se apreza desde a terraza do Auditorio Mar de Vigo converténdose en parte do espectáculo.

O concerto de Nada Surf o 26 setembro será un dos grandes concertos do verán en España desta banda que nunca deixou de medrar de forma creativa e en recursos, sendo notable a calidade de cada lanzamento e na evolución de Matthew Caws como compositor.En 2018 celebraron o décimo cuarto aniversario do seu lendario disco ‘Let Go’. Nada Surf lanzou en 2020 un novo disco, ‘Never not together’. O traballo a penas puido ser interpretado en directo por mor da pandemia. O Festival TerraCeo será un dos primeiros de Europa no que se escoite en directo.

As entrada están á venda en WWW.TEUTICKET.COM

Máis

Hora

(Domingo) 20:00(GMT+02:00)