Terraceo: HENS + Babykatze

13mai20:30Terraceo: HENS + BabykatzeCONCERTOS | Desde 27,50€20:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Hens nace en 1998 en Madrid, aínda que reside sempre en Segovia.

Consolídase na escena musical durante o verán de 2017 cando forma o grupo Go Roneo, xunto a Sesentay6, Delgao, Only e Jarana. Ademais de ser membro deste, mantén ata 2019 un dúo con Delgao.

Recentemente desvelaba xunto a Despistaos, o remix do seu hit “Quedar pa joder”, single que vía a luz meses antes na súa primeira referencia de longa duración, ‘Hensito’. Este é o primeiro álbum de Hens, que actualmente se atopa no posto 81 do top100 álbums tras 13 semanas na lista. “Hensito” é unha viaxe ao Pop Rock do 2000s.‘ Hensito’ é un exercicio de nostalxia ben entendida pola música que dominou a radiofórmula nacional nos primeiros anos do presente século.‘ Hensito’ sitúase entre o background dos temas que nos fixeron bailar e cantar hai anos e a desenvoltura do urban que dominou a última década en todo o mundo. Para lograr este resultado pioneiro no panorama nacional, Hens rodeouse dalgúns dos artistas máis relevantes do momento. Desde Delgao, o seu amigo e compañeiro en Go Roneo, en ‘Dos Días al Mes’; pasando por Walls, unha das revelacións do rap español no último ano, que aparece en ‘Me encanta(s)’; ata chegar a Recycled J -unha lenda viva do underground madrileño- que se loce en ’De nuevo’, e que ten en común con Hens a frescura á hora de escribir e o transitar facilmente entre o pop e os fraseos propios do hip- hop e os seus derivados.

Máis