PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Teatro Online: "Última edición"

21abr20:00Teatro Online: "Última edición"ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha, a través do seu portal dixital Afundación TV, un novo proxecto cultural dirixido a dinamizar a actividade das artes escénicas. De maneira gratuíta e en aberto, cada mércores, Afundación TV emitirá a representación teatral dunha obra senlleira das artes escénicas clásicas e contemporáneas con montaxe da compañía Secuencia 3.

Última edición
Última edición convértenos en testemuñas do día a día da redacción dun xornal. A loita dos seus redactores pola supervivencia e a noticia en toda clase de situacións, disparatadas e humorísticas: rivalidades, corrupción e sexo, asasinatos, paixóns, traizóns coas que nos “deleitan” cada día os poderes públicos.
Unha comedia atrevida, mordaz, provocadora, moi entretida e actual.
Todo o mundo ten algo que esconder…
Ante a crise de lectores e o enorme descenso de venda de xornais, acábase de practicar un ERE na redacción de “O Universal”.
Con todo, é contratada Minerva, unha nova e brillante redactora, pola que aposta o consello de administración do xornal para que colabore a modernizar a edición dixital e a contribuír coa súa formación ao relanzamento do xornal.
Minerva é recibida con receo por parte de Tatiana Paluzzo , a directora do xornal desde hai 25 anos, e por Fontes, vello amigo de Tatiana e redactor xefe do diario. Nestas circunstancias xorde unha noticia que pode dar lugar a unha investigación xornalística que poñería ao diario no foco da noticia.
O final, case en forma de xogo de pícaros, acaba sorprendendo a todos.

Mércores 21 ás 20:00

As obras de teatro programadas son:
– 24 marzo: El caballero de Olmedo
– 31 marzo: Nerón
– 7 abril: Tristana
– 14 abril: Hombres de 40
– 21 abril: Última edición

Máis

Hora

21 abril, 2021 20:00(GMT+01:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!