VIALIA
bannerPicnicSesions

Teatro Gorrilla: Marinita, Meiga-i e Ariezzz

28mai19:30Teatro Gorrilla: Marinita, Meiga-i e AriezzzESPECTÁCULOS | Desde 3,00€19:30(GMT+02:00) Molotov

Detalles do eventos

O sábado 28 de maio, ás 19.30h haberá na Sala Molotov, Santiago de Vigo 1, un trio de espectáculos da man de Marinita Calleja, Meiga-i e Ariezzz. O primer espectáculo tráeo Marinita Calleja, co título “Amigas y Vecinas”, breve pero intenso repaso das aventuras de Marinita coas suas veciñas de edificio e “amigas”. Como se relacionan entre elas e co entorno hostil no que consiguen sobrevivir. Historias, críticas coa sociedade actual, salpicadas por cancións interpretadas por Marinita, en exclusivísimo playback. Continúa a velada con Meiga-i, que presenta “A drag pandereteira”. Unha coitada criatura agocha un particular segredo: padece de posesións folclóricas. Nesta historia de liberación musical mestura o folk galego coa linguaxe drag para crear unha auténtica fantasía galega con vocación contemporánea contra o cosmopaletismo. E remata a sesión con Ariezzz, que trae unha sesión musical de ritmos electrónicos, performance, baile, liberación e absoluto disfrute. Música e corpo coma entes inseparables, a danza vólvese traductora do ritmo e a cadencia. Un espectáculo no que se invita ao público a moverse ao ritmo de funk brasileiro, Vogue Beats e unha electrónica ben ácida e tan quente como a nosa dj travesti favorita. Prepárate para suar con Ariezzz! Coma en todas as edicións anteriores, a entrada é libre e inversa, con prezo mínimo recomendado de 3€ por bolo, xa que a cultura é libre pero non gratuita.

Máis

Hora

(Sábado) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO

Other Events