18nov20:00Teatro Gorrilla: Madame CarmelaESPECTÁCULOS | Desde 3,00€20:00(GMT+01:00) A Casa de Arriba
Detalles do eventos
Este venres 18 de novembro A Casa de Arriba transfórmase unha vez máis en teatro, acollendo unha peza de teatro de títeres para un público adulto. A cita
Detalles do eventos
Este venres 18 de novembro A Casa de Arriba transfórmase unha vez máis en teatro, acollendo unha peza de teatro de títeres para un público adulto. A cita será ás 20h coa compañía de teatro e títeres Luar ́T formada por Luis Vázquez e Nerea Rodríguez. Luis, ten unha enorme traxectoria no teatro do seu país natal, Venezuela, realizando xiras por Latino América coma director da compañía Cometa de Cantaura durante 26 anos coa que obtivo direferentes recoñecementos coma o Premio Nacional de Teatro Infantil. Por otra banda, Nerea, é estudante da ESAD e integrante da agrupación Desfeita Teatro. A súa peza “Carmela”, de teatro con títere, encarna unha muller que loita por levar o pan á casa cada día ata que decide experimentar adiviñando o futuro das demáis persoas.
O funcionamento da caixa inversa é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa desfrutado e así valorar canto queres pagar por el, sendo o mínimo recomendado de 3€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.
Este proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza.Teatro Gorrilla comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo
Máis
Hora
18 novembro, 2022 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Casa de Arriba
Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra