TEAR : Territorios Artísticos
Detalles do eventos
Do 9 ao 23 de marzo no Camões, estará dispoñible a exposición itinerante TEAR ‘Territorios Artísticos‘. O TEAR – Territorios Artísticos, Festival de Arte
Detalles do eventos
Do 9 ao 23 de marzo no Camões, estará dispoñible a exposición itinerante TEAR ‘Territorios Artísticos‘.
O TEAR – Territorios Artísticos, Festival de Arte Pública Comunitaria, encontra a súa xustificación no innegábel papel preponderante que a arte pública urbana asume, actualmente, en Portugal e no mundo e no carácter inventivo e inclusivo que a arte e a cultura poden —e deben— asumir na creación do futuro de calquera sociedade.
O evento ten como obxectivo principal a afirmación de Vila Nova de Famalicão nun escenario de turismo artístico e cultural e na afirmación do territorio e da marca “ Famalicão Cidade Téxtil». O Festival TEAR – Territorios Artísticos levou até aos estudantes das agrupacións de escola do concello de Vila Nova de Famalicão, en Portugal, a proposta de, en articulación curricular interdisciplinar, lecionar os contidos programáticos da «Industrialización en Portugal», nos distintos niveis de ensino (do 1.o ciclo ao ensino secundario), relacionándoos coa Historia e Patrimonio industrial téxtil do concello, a partir dos contidos científicos do acervo do Museo da Industria Téxtil da Conca do Ave e da colaboración e apoio da Comisión Nacional da UNESCO.
A inauguración será o martes 9 de marzo ás 18:30h
Horario:
Luns a venres: 10:00h – 14:00h / 15:00h – 19:00h
Sábado e domingo: pechado
Máis
Hora
9 (Mércores) 18:30 - 23 (Mércores) 18:30(GMT+01:00)