
Detalles do eventos
A enseada de San Simón segue a ser protagonista da útlima edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia. Como peche do evento, este sábado 31 de xullo terá
'Tatuado nos ollos levamos o pouso'
A enseada de San Simón segue a ser protagonista da útlima edición do festival Sinsal SON Estrella Galicia. Como peche do evento, este sábado 31 de xullo terá lugar a derradeira actividade paralela deste Sinsal Esencial.
A lonxa de Cesantes, en Redondela, acollerá a presentación de Tatuado nos ollos levamos o pouso, a nova curtametraxe documental da cineasta redondelá Diana Toucedo que produce Sinsalaudio, coa participación do Concello de Redondela. A directora dará a coñecer este novo proxecto, rodado en 16mm e dixital, acompañada das propias protagonistas do filme: as mariscadoras e mariñeiros que traballan e manteñen viva a tradición deste oficio na Confraría de San Xoán de Redondela.
O acto, que terá lugar ás 21.30 horas na lonxa de Cesantes, tamén contará coa participación do programador e xestor cultural Javier Trigales e da cantante e compositora BFlecha, quen colabora neste proxecto a través da súa música. O acceso á presentación será gratuíto, mais o público deberá retirar previamente a súa entrada, a partir das 21.00 horas, no propio edificio da lonxa. A acto poderá contar cun máximo de 150 persoas.
Máis

(Sábado) 21:30
Praia de Cesantes
Paseo da Praia, 99, 36693 Redondela, Pontevedra