xullo, 2022
30xul21:30TanxugueirasCONCERTOS | De balde21:30 Parque Castrelos
Detalles do eventos
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro. O seu estilo caracterízase por xuntar instrumentos e ritmos propios do folclore tradicional galego con músicas contemporáneas como
Tanxugueiras
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro. O seu estilo caracterízase por xuntar instrumentos e ritmos propios do folclore tradicional galego con músicas contemporáneas como o pop, o world music, a elctrónica ou o trap. O pasado 26 de xaneiro acudiron ao festival de Benidorm con Terra, un alalá modernizado co que quedaron terceiras na carreira po representar a España no próximo Festival de Eurovisión. De conseguilo, Terra sería a primeira canción en galego en soar no emblemático concurso europeo.
Polo momento o calendario de concertos en Castrelos queda así:
13/07 Sebastián Yatra
24/07 Nathy Peluso
30/07 Tanxugueiras
04/08 Leiva
06/08 Sting
14/08 Hombres G
Máis

(Sábado) 21:30