COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

ACTIVISTAS

15mai16:0018:30ACTIVISTASACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00 - 18:30(GMT+02:00) ESADg

Detalles do eventos

Un encontro sobre o activismo ambiental, artístico e sociocultural organizado pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia que se celebrará en Vigo os días 14 e 15 de maio de 2024. A ESAD de Galicia reúne, durante dous días, a representantes de entidades galegas que desenvolven iniciativas de transformación sociocultural, ambiental e artística, xunto con representantes de teatros e escolas de arte dramática de diversos países europeos. Este encontro pretende difundir, tanto na nosa contorna como fóra dela, a vitalidade do movemento asociativo galego, así como a súa íntima relación co mundo da arte e da cultura.

Programa

Martes 14 de maio – Museo do Mar de Galicia
10h00 Acto inaugural do Performance Lab
10h30 Activismo festivo

Conversa con Braulio Vilariño (Festival Agrocuir) e Iván Prado (Pallasos en rebeldía), conducida por Roberto Pascual.

12h00 Activismo desde os espazos de creación

Conversa con Roberto Casal (A Fedora) e Nuria Sotelo (A Casa Vella), conducida por Afonso Becerra.

Mércores 15 de maio – Monte comunal de Teis & ESADg

10h00 Activismo ambiental

Andaina polo monte comunal de Teis, conducida por Manuel Lopes Rodrigues (Comunidade de Montes de Teis)

16h00 Activismo teatral

Conversa na ESADg con Xesús Ron (Chévere), Lucho Penabade (Os Quinquilláns) e María Armesto (Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas), conducida por Vanesa Sotelo.

18h00 Concerto de Ivan Vilela

Concerto breve a cargo do instrumentista brasileiro da viola caipira.

18h30 Activismo patrimonial

Conversa na ESADg con Ramón Pinheiro (aCentralFolque) e Xavier Groba (ClubeMaúxo), conducida por Cristina Domínguez.

Máis

Hora

15 maio, 2024 16:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

ESADg

Poza Cabalo, s/n, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events