Swing On WIC.end.

25feb21:30Swing On WIC.end.ESPECTÁCULO | 15,00€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

WIC.end é un pequeno festival organizado por Swing On Vigo para celebrar o jazz, o lindy hop, o frío do inverno e o calor da nosa comunidade. 

O evento inclúe 4 horas de clases de lindy hop nivel aberto, 1 festa con música en directo, 1 festa con DJs e 1 vermú con entrevista ao equipo de profes.

PROGRAMA

Venres 24

21.00h-00.30h Festa con DJs. Sala Kominsky (Irmandiños, 3)

Sábado 25

10.00h-14.00h: Clases de lindy hop nivel aberto. Escola de baile Inés Núñez (Uruguay, 6). Todas as persoas inscritas terán 2 horas de clase con Karen e Carlos e 2 horas de clase con Isaac e Alba. 

21.30h-00.30h Festa con Marta Mera e Martín Rigz Group. La Fabrica de Chocolate. (Rogelio Abalde, 22)

Domingo 26

12.30h-16.30h: Vermú swing + picoteo de Outro Conto + café con entrevista a Karen, Carlos, Alba e Isaac. A Morada Cooperativa (Enrique X. Macías, 6)

*Os pinchos de Outro Conto páganse alí directamente. Non incluídos no prezo do WIC.end

PREZOS

Pase completo: Acceso a clases e festas

Ata o 31 de xaneiro: 60€
Desde o 1 de febreiro: 70€

Inscricións.

Festa do venres con DJs: 5€ .Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436 

Festa do sábado con banda: 15€ Entradas á venda a partir do 1 de febreiro en Swing On ou reservando no 687711436 

Vermú do domingo con DJs: Entrada libre. 

Máis