VIALIA
bannerPicnicSesions

'Sustenance'

20mar19:30'Sustenance'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón ofrecerá un ciclo de longametraxes documentais e faladoiros durante as vindeiras semanas, trataranse temas da actualidade como o conflicto de clases, os abusos dos dereitos humanos e laborais ou a degradación do medio ambiente.

  • Domingo 20 de marzo ás 19:30h: ‘Sustenance’
  • Domingo 27 de marzo ás 19:30h: ‘O monte é noso
  • Domingo 3 de abril ás 19:30h: ‘Age of iron’

Este vindeiro domingo 20 de marzo ás 19:30h, na Sala Rebullón proxectarase o documental titulado “Sustenance” dirixido por Davoud Gerami un cineasta e artista visual, que estará presente nesta proxeción para no remate da mesma, contestar as preguntas do publico asistente.

Sustenance é unha logametraxe documental sobre a viaxe dos alimentos ao redor do mundo, na que se exploran as controversias que xiran en torno á comida e a súa interconexión coa xustiza, o cambio climático e a sostibilidade.

Este documental, desvela a verdade que se esconde tralos mitos populares sobre temas como as dietas baseadas en vexetais, os alimentos sans e nutritivos, a alimentación ética, as políticas alimentarias, a agricultura industrial e a maneira de alcanzar unha forma de vida sustentábel. ‘Sustenance’ ofrece una visión socio-política aberta para descubrir de onde proveñen realmente os nosos alimentos e como afectan á saúde das persoas, dos animais e do planeta. Aínda que o documental ofrece unha mirada informativa e chocante sobre a historia da política alimentaria, esta meditativa viaxe ao redor do mundo permítelles aos espectadores volver a conectar coa natureza e o sustento da Terra.

Máis

Hora

(Domingo) 19:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events