ASNEVES
REVISTA MAIO

 Superfuzz + The Rizz Spirit

26abr21:30 Superfuzz + The Rizz SpiritCONCERTOS | Desde 8,00€21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

O power trio galego SUPERFUZZ presenta en 2020 o seu primeiro longa duración. Este traballo de título homónimo, supón o seu debut discográfico e contén 11 pistas bañadas de melodías power pop executadas con esa actitude irresistible que tanto lles caracteriza, propia do máis auténtico ritual de exaltación do Rock n´Roll, tal e como demostran nos seus directos.

Rock cantado en castelán, influenciado por grupos británicos dos anos 60 (Beatles, Kinks, The Who…) aderezado cun son garagero máis actual con chiscadelas a Jet e White Stripes.

O disco foi gravado durante o verán de 2019 nos NAKRA ESTUDOS da Coruña, aos mandos de José Puga e Pachi Baldomir, e foi masterizado nos estudos 24-96 Mastering de Kalsruhe (Alemaña) por Robin Schmidt (Placebo, The 1975, Guano Apes, Mando Diao, etc)

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events