REVISTA ABRIL

'Su nueva travesía' de Alejandra Rodríguez

07mai(mai 7)12:00'Su nueva travesía' de Alejandra RodríguezARTE E MUSEOS | De balde(maio 7) 12:00(GMT+02:00) CC Travesía de Vigo

Detalles do eventos

‘Su nueva travesía’ é a exposición fotográfica organizada polo Centro Comercial Travesía xunto a seis protectoras da provincia de Pontevedra: Protectora de Vigo, Proyecto Gato Vigo, Difusión Felina Pontevedra, Os Biosbardos (Ponteareas), A Canceira de Poio e Bai Sen Pulgas (Baiona).

Trátase dunha campaña de promoción da adopción de animais, composta pola exposición fotográfica e a doazón de pienso. O obxectivo é visibilizar a labor destas protectoras e dos seus voluntarios, así como enviar unha mensaxe de sensibilización e responsabilidade.

A exposición está composta por imaxes de 18 animais, cans e gatos, rescatados polas protectoras e en necesidade urxente de adopción. As fotos foron tomadas pola fotógrafa viguesa Alejandra Rodríguez de @Skolldog. A exposición conta cun acceso interactivo. Cada imaxe está acompañada dun código QR, a través do que acceder á historia do animal e ao contacto da protectora, promovendo e facilitando as adopcións.

A exposición pode visitarse no centro comercial desde o 7 de maio.

Máis

Hora

Maio 7 (Venres) 12:00(GMT+02:00)

Localización

CC Travesía de Vigo

Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events