Sons of Exodus + Xhamain

28abr22:00Sons of Exodus + XhamainCONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O venres 28 de Abril ás 22:00 horas na Sala Rebullón. Entrada anticipada:10€ Billeteira: 12€

Sons Of Exodus é un proxecto musical e artístico que surxe da inquedanza por explorar o uso da música tradicional galega con un rock duro e contemporáneo. Tendo dous álbumes conceptuais publicados durante a pandemia, onde se contan
relatos baseados nas lendas e Historia galegas, o guitarrista rianxeiro Carlos Cernadas pretende levar este ambicioso proxecto ós escenarios acompañado por Amós Varela (NAO), Aitor Iglesias, Diego P. Castro (N.E.O) e Manuel Varela
Vázquez (Leirabuxo). ‘Cazabruxas’, o seu último traballo, sitúase no Século XII durante o goberno do poderoso arcebispo Diego Xelmírez. Cunha música chea de riffs contundentes, gaitas, acordeóns, solos de guitarra e baladas acústicas para
acompañar a historia, consegue a perfecta mestura entre as melodías galegas de raíz e a música moderna. Tras recibir boas críticas, publicadas en medios tan prestixiosos como Mariskal Rock e a revista La Heavy, Sons Of Exodus, cos seus
kilts e a súa potente posta en escea, aspira a convertirse nun referente do Folk Rock galaico.
Xhamain grupo de Symphonic Gothic Metal céltico en galego, formado en 2014 en Vigo. O seu debut “Na Alma”, lanzado ao mercado en 2021, segue colleitando grandes críticas grazas á súa particular mestura de estilos e instrumentos, coroada
pola voz de Mariah Fosado. Non en balde, combina elementos da música tradicional celta coa forza e enerxía do metal de tinguiduras góticas e sinfónicas.

Máis

Hora

(Venres) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events